Diego Cousillas Novo
Greguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesíatipográfica, experimentación... Cousas... Con permiso de Castelao. É doque se compón G, título que fai referencia a Greguería, pero tamén aGalego, a materia coa que está feita a obra. A expresión concreta doidioma representada por unha letra que se converte en homenaxe aodicionario, ese libro escrito sen Grandes palabras, sen maiúsculas, peroque dá entrada a todas as voces, ao H mudo e aos sons excluídos pero noninexistentes na lingua: Y, J, K, W. Un “G” con ou sen G”H”eada e o seuséquito alfabético que aquí se ordena a modo de particular abecedario paraenumerar as seis partes do libro:“G” de Greguería, de Galego e de Ghaliza.“H” de Haiku e de Horizonte.“Y” de Yin-Yang e Ye-Yé ou viceversa.“J” de Jaiku Jam sessión Jazzzzzzzz.“K” de Kú de Hai-Kú, de Kamikace e de Kamiño.“W” de VVisual ou Wisky, unha invitación a ver dobre.